LugoPatrimonio :: Asociación Cultural

XUÑO

Día 18 de xuño, martes

Conferencia de Héitor Picallo Fuentes sobre “Os castelos de Galicia”.

 

25 de maio
Con motivo de terlle dedicado o Día das Artes Galegas ao escultor Francisco Asorey, e como complemento á conferencia que impartiu  sobre o escultor Maribel Iglesias Baldonedo, organizouse un roteiro para ver as súas esculturas na cidade.
Participaron nas explicacións Julia Cantalapiedra Álvarez, licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea, que se encargou de tratar a parte artística; Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia, que fixo a parte histórica e a cuestión técnica desenvolveuna Juan Ramón Pérez Martínez, graduado en Artes Aplicadas que foi profesor de Escultura e Volume na Escola de Artes Aplicadas de Santiago de Compostela.

Sábado, 25 Mai 2024 09:30

Roteiro pola obra de Asorey en Lugo

Día 25, sábado
Roteiro pola obra de Asorey en Lugo: Cemiterio de San Froilán, Parque de Rosalía de Castro, Museo Provincial e Hospital de Santa María. Lugar de encontro, ás 9,30 h. diante do Instituto Lvcvs Avgvsti (Masculino).

Os que non queiran ir poden estar ás 11 no Parque, xunto ao monumento a Ángel López Pérez, ou ás 12 h. no Museo Provincial.

10 de maio

Con motivo do Día das artes galegas, que se celebrou o día 1 de abril, dedicado ao escultor Francisco Asorey, Lugo Patrimonio programou dúas actividades, unha conferencia sobre o agasallado que impartiu a doutora Maribel Iglesias Baldonedo, e un roteiro para ver as catro esculturas que hai en Lugo, dúas en madeira, unha en pedra e outra en mármore, e un monumento.

A profesora comezou encadrando ao escultor na época do primeiro cuarto do século XX, na xeración Nós, cando se constitúen as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos, onde aparecen as ideas que levaran ao mundo político, co nacionalismo, e a elaboración e aprobación dun Estatuto de autonomía, una xeración distinta da de mediados do século XIX, que bota en falta as artes medievais.

Mércores, 15 Mai 2024 16:44

Viaxe a Sintra (Portugal)

5 ao 8 de maio

Dentro do ciclo dedicado ao Historicismo, un lugar obrigado de visitar como complemento das conferencias previas sobre o tema, era Sintra, declarado Patrimonio da Humanidade en 1995 por ter este tipo de arquitectura. Un grupo de vinte e seis socios tivemos a oportunidade de ver algúns dos edificios máis notables que se poden visitar.

O primeiro día non axudou o tempo facendo a viaxe con abundante auga parando en Santa María da Feira, para ver o castelo, un exemplo da arquitectura militar portuguesa, que foi reconstruído en estilo, e polo mesmo tamén de arquitectura neomedieval. Vimos a capela da Nosa Señora da Encarnación, e despois asistimos á proxección dun vídeo de dez minutos explicando a súa historia.

Día 10 de maio, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial

Conferencia de María Isabel Iglesias Baldonedo sobre “Francisco Asorey, escultor galego”.

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre e Narla, 40 €, e para a viaxe a Mérida entre os días 16 ao 22 de setembro, tres días en función do prezo dos hoteis. O prezo desta viaxe aínda non se sabe.

Día 10 de maio, venres

Salón de actos da Deputación Provincial

De 19,30 a 20 h., anotacións para a viaxe do día 22 de xuño a Pambre e Narla, 40 €, e para a viaxe a Mérida entre os días 16 ao 22 de setembro, tres días en función do prezo dos hoteis. O prezo desta viaxe aínda non se sabe.

Domingo, 05 Mai 2024 08:00

Viaxe a Sintra

MAIO

Días 5 ao 8

Viaxe a Sintra (Portugal). Saída ás 8 h.

Sábado, 27 Abril 2024 15:15

Viaxe a Cambados

20 de abril

Esta viaxe tivo por finalidade visitar, en dous grupos, o Pazo de Fefiñáns, acompañados de dúas guías do establecemento e a Fundación Manolo Paz. Na entrada do pazo, na ampla praza que no seu día pertenceu a este conxunto, onde está a igrexa de san Bieito, fíxose unha introdución histórica e artística do edificio construído en varias fases, no estilo renacentista, do que foi fundador Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Felipe II, hoxe de propiedade dos marqueses de Figueroa.

Xa no interior percorremos todas as estancias, bastante escasas de mobiliario e artes decorativas que son propias deste tipo de palacios, chamando a atención especialmente as esculturas de Mariano Benlliure e Francisco Asorey, así como as dun descendente que foi discípulo do escultor galego, e a sala decorada con papel coloreado francés do século XIX, con motivos otomanos. Na planta alta da torre da homenaxe, onde está a biblioteca, detivéronse diante dunha reprodución da carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán.

23 de abril

Nesta conferencia do ciclo sobre Historicismo, o profesor de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Iván Moure Pazos, analizou tanto a ruína antrópica na serra de Sintra, creada polo home, por arquitectos, paisaxistas e artistas, como aqueloutra, igualmente importante, a ruína biótica, xerada polo discorrer inevitable da propia natureza, as ruínas arquitectónicas engulidas polo imparable avance do vexetal, como as impoñentes e pouco coñecidas Quinta do Relógio e a Quinta das Camelias. Todo iso a fin de poñer en valor o tema do ruinoso, elemento pouco tratado e enxalzado na literatura crítica sintrense, no asentamento paisaxístico da Sintra contemporánea.

O 4 de decembro de 1995 a UNESCO declaraba a Paisaxe Cultural de Sintra Patrimonio da Humanidade. Nuns 20 quilómetros arredor do núcleo, nun parque natural, hai unhas 200 quintas, cunha cronoloxía que van desde o século XVI ata o XX, cun auxe importante no século XIX.

Busca nesta web

Próximos actos

  • Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López +

    Día 21, sábado Viaxe á Coruña guiada por Felipe Senén López. Saída ás 9,00 h. Ler Máis
  • Anotación para a viaxe do día 25 de outubro a Santa Eulalia de Bóveda, Museo etnográfico da Torre de Xiá (Narla) e aos Baños romanos de Lugo +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, Ler Máis
  • Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, profesor titular na UDC sobre “O galego-portugués herdeiro do latín” +

    Día 9, martes ás 20 horas Salón de actos da Deputación Provincial Conferencia de Xosé Manuel Sánchez Rei filólogo, escritor, Ler Máis
  • 1

Faite Socio

Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.

Ver +info

O RAMO

Seccións

  • Colaboracións +

    artigos publicados por colaboradores de LugoPatrimonio Ler Máis
  • O Ramo +

    sección O Ramo da revista Na Xanela Ler Máis
  • A Pauliña +

    sección A Pauliña da revista Na Xanela Ler Máis
  • Fotolog +

    sección de fotografías Ler Máis
  • 1

ACCESO